IV TROFEO COPA DIPUTACION LUGO 1ª XORNADA

O sábado pola mañá arrancaba o para o noso club un intenso fin de semana deportivo, a primeira proba con representación do club era o 800 m.l que se dividía en 2 series ordenadas por mellores marcas persoais. Na serie 1 salía como único representante Jose Manuel Fernández cun tempo de 2.13.78, e na serie 2 tomaban a salida Alberto Martinez e Jose Luis Valiña que paraban o crono en 2.13.85 e 2.14.96 respectivamente e cun apretado final o sprint.

A seguinte proba con presencia do club foi o 3000m.l, participaban nela Alberto Valiña e Juan Carlos Martinez. Ambos arrancaron formando un grupo que se foi distanciando según a proba avanzaba en metros, finalmente entrou en 3ª posición Alberto cun tempo de 10.15.11 seguido de Juan Carlos cun tempo de 10.23.52.

Para finalizar a mañana de competición nas pistas Lucenses Juan Carlos, Alberto Martinez e Jose Manuel corrían un 400m.l. Disputáronde 3 finales, na Final B participaban Jose Manuel pola rúa 8 e Alberto pola rúa 7, o crono marcaba 58.88 para Alberto e 59.35 para Jose Manuel.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑