O pasado fin de semana acudimos a un evento organizado polos nosos amigos de Macana Corre Corre e Brooks, disfrutamos dunha maña de trail no Monte Segade na que o tempo acompañou. Os atletas que ata alí se achegaron puideron probar dous modelos de zapatillas Brooks diferentes, a maña rematou cun sorteo de camisetas e un excelente avituallamiento. Aquí deixamos algunhas fotos do evento: