Cross dos Menhires

Esta maña tiña lugar en A Coruña o IV Cross dos Menhires proba na que novamente o noso club tivo representación. En categoría masculina líderou o equipo José Manuel Corral que remataba a proba entre os dez primeiros e terceiro na categoría. Antonio Teijido lograba entrar na 13ª posición pero que non lle servía para facer podium na súa categoría na que terminaba 4º. Pouco despois cruzaba a meta Paulo González na 16ª plaza da xeral. Moi boa actuación tamén dunha das novas incorporacións o club, Hugo de la Vega que remataba 33º. Tamen tomaron parte outros clásicos do equipo neste tipo de probas como Gerardo Pérez e Ramón Villar rematando ambos entre os 100 primeiros en cruzar a meta. No apartado femenino o equipo estivo representado por Noemi Moral que ramataba nunha impresionante 6ª posición xeral e subia o segundo caixón do podium na categoría.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑