San Silvestre 2014

Os nosos atletas despediron o ano como mellor saben facer, correndo. Repartidos polas numerosas carreiras que o día 31 teñen lugar sobre a xeografía galega.

En Coruña Noemi Moral Navazo remataba segunda na súa categoría e Angel García entraba pouco detrás no posto 206 da clasificación xeral.

En Lugo lideraba o equipo Alonso Liste que entraba en 4ª posición na categoría, xusto detrás, a tan solo un segundo Hugo de la Vega que ocupaba o posto 27 na clasificación xeral. Conseguía subirse o podium da categoría Saul Valcarcel que finalizaba 3º. Destacadas actuacións tamén de Gerardo Vázquez na posición 124, Juan Campo que remataba no posto 242 e Tere Carballo a única representante femenina do equipo nesta carreira, no posto 72.

Para finalizar a milla en Sarria, na que nunha accidentada saída un dos nosos compañeiros Paulo González  sufría unha forte caída da que desexamos se recupere pronto. Aínda así Paulo non se retiraba da proba e axudoba a outra das nosas atletas Sandra Fernández ata a liña de meta, que conseguía cruzar como segunda clasificada femenina. Xa na clasificación xeral Jose Manuel Corral remataba 4º na xeral e subia a podium como 3º clasificado senior. Pouco más tarde entraba Ricardo Fernández 15º. Finalmente Jose Manuel Fernández 18º  e Gerardo Pérez 29º na xeral, facían un doblete na categoría quedando primeiro e terceiro respectivamente.

Noraboa os participantes e Feliz ano a todos!

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑