Bo arranque de tempada de pista cuberta para o noso equipo. Durante a pasada mañá de domingo tivo lugar no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera a I Xornada de Control da Deputación de Lugo, na que tiveron ocasión de estrear cores dúas das novas incorporacións Lucía Seijas e Maxi Rodríguez. Ambos demostraron estar nun gran momento de forma para comezar a tempada.
Lucía Seijas tiña que correr en 8.57 para impoñerse na súa serie, e superaba así a súa mellor marca persoal. Maxi Rodríguez pola súa parte corría a Final A masculina nuns impresionantes 7.44 segundos. Tamén participaba no control Jose Manuel Fernández que tomaba a saída na Final N corría nun tempo de 8.89 segundos.