Amplísima representación do noso equipo na matinal do sábado, na localidade de Friol, con motivo do Campionato Provincial de cross. O proba transcurría sobre un circuito de 1km, e os atletas disfrutaron dun tempo idóneo para a práctica deportiva.
En primeiro lugar saían as mulleres a completar a súa proba sobre 3km, a primeira atleta do noso equipo en rematar a proba era Noemi Moral seguida moi de cerca de Ana Vázquez, que lograban subir o podium nas súas categorías. Pouco despois cruzaba a meta Ana Abuín cun tempo de 14:01 e que a colocaba como 4ª clasificada absoluta. Tamén firmaban unha boa actuación Mari Carmen Ferreiro, Pilar Dominguez e Veneranda Liz que lograban facer podium na categoría.
Finalmente para rematar a bonita mañá de cross en Friol, saía a proba absoluta masculina, na que o equipo sumaba bos resultados e ampla participación logrando facer un impresionante Campionato Provincial. A guinda do pastel viña ca victoria absoluta de Leonardo Rodríguez Pena nunha proba que dominou de principio a fin. Pero a cousa non remataba aquí, nun impresionante final de carreira “Toño” Teijido lograba que non se lle escapase o podium absoluto rematando en 3ª posición. Ambos tamén facían parella no podium da categoría esta vez como primeiro e segundo. Tamén facían un bo campionato Saul Valcarcel, Gerardo Vázquez, Juan Carlos Martínez, Gerardo Pérez Lenza, Jose Manuel Fernández e Ramón Villar xa que practicamente todos subían o podium na súa categoría. Destacamos tamén o triplete do equipo con Paolo González, Hugo de la Vega e Iván García na categoría (VM 35-40).
Noraboa a todos! (RESULTADOS COMPLETOS)