Cto. Galego de Clubes de Probas Combinadas

Durante o fin de semana tiña lugar o Campionato Galego de Probas Combinadas de Clubes no que tomaba parte a especialista do equipo na especialidade Lucía Seijas. A nosa atleta lograba facer un excelente Pentathlon, na primeira proba os 60 metros valados, lograba baixar medio segundo a súa mellor marca personal o que lle servía para finalizar 3ª na proba. A continuación tiña lugar a altura na que pasaba o listón sobre 1.53 metros e quedaba moi cerca de pasar o 1.56, pero aínda así lograba vencer esta proba. Pouco despois chegaba a hora do lanzamento de peso no que só facía 2 intentos pero que lle servían para lanzar os 4K da bola de peso a 7.56 metros e sumar 371 puntos. Xa rematando a mañá tiña lugar o salto de lonxitude no que no segundo intento, lograba saltar 4.68 metros e sumar 474 puntos. Finalmente tocaba a hora dos 800 metros lisos no que cunha marca de 2:50.38 lograba finalizar 2ª da proba e rematar así o Pentathlon con 2612 puntos e mellorar a súa marca en 106 puntos, e finalizar así como 3ª clasificada absoluta.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑