O pasado sábado tiña lugar no módulo cuberto de Lugo o I Campionato Galego de 60 metros lisos e valos. O noso equipo contou coa representación de Maximiliano Rodriguez Magi nos lisos ,que saía na 4ª serie e paraba o crono en 7.47, lonxe das súas mellores marcas persoais e que o deixaba as portas de pasar a semifinais do campionato (tan só 3 centésimas).
Xunto co Campionato tiña lugar un control de marcas de 800 m.l. no que tamén tomaban parte membros do noso equipo, Jose Manuel Fernández e Ricardo Fernández que paraban o crono en 2:14.53 e 2:04.66 respectivamente.
Xa esta mañá de domingo tiña lugar outro control de marcas de 1500 m.l. no que presentamos unha ampla representación, o primeiro dos nosos atletas en cruzar a liña de meta era Luis Eduardo (4:36.27) moi preto chegaban Alonso Liste (4:40.60) e Iván García (4:41.81). Jose Manuel que o día anterior xa tomara a saída no 800 non lograba rematar a proba.
Noraboa a todos polas marcas acadadas!