A pasada maña de domingo tiña lugar o Campionato Galego de Cross Largo individual e por clubes o que acudiron varios dos nosos atletas e no que, en categoría masculina, acadábamos unha boa clasificación como equipo.
As nosas mulleres Ana Abuin e Pilar Domínguez lograban colocarse en 37ª e 40ª posición respectivamente nun campionato cun gran nivel.
Pola súa parte Paolo González finalizaba 36º, pouco máis tarde entraba Antonio Teijido a tan só 5 segundos. Pelayo García entraba na 53ª plaza e cerraba este espectacular equipo Saul Valcarcel que lograba finalizar entre os 90 primeiros clasificados. Así estes atletas lograban darnos unha 8ª plaza por equipos, moi cerca (a tan só 1 punto) da 7ª praza.
Noraboa unha vez máis polos resultados!
Aquí deixo unhas fotos feitas polos compañeiros do equipo San Paio.