O pasado domingo tiña lugar no Concello da Pobra o Campionato Galego de Campo a Través para Veteráns e no que os nosos atletas acadaban moi bos resultados na difícil proba. Monserrat Pallise lograba vencer na categoría W50 na que Mari Carmen Ferreiro remataba segunda. Pilar Domínguez polo súa parte remataba 8ª en W45. Nas carreiras masculinas Hugo de la Vega finalizaba 19º en M35, Saul Varcarcel 16º en M45, Javier Toro lograba facerse coa 3ª plaza en M55 e subir o podium, Jose María Pérez era 11º en M50, Gerardo Pérez 6º en M55 e Jose Manuel Fernández remataba 14º en M50.
Por equipos contamos coa axuda de atletas do noso filial, Clube de Atletismo Lucus e lográbamos dúas cuartas plazas a piques de subir o podium sobre todo en categoría femenina a tan só 2 puntos. Individualmente Patricia García era 2ª en W35, Xabier Díaz 1º en M40 e Gerardo Raposo 14º en M45.
Queremos agradecer a participación de todos unha vez máis, e felicitar a todos os atletas polos éxitos alí acadados.