O pasado fin de semana os nosos atletas tamén estiveron en As Pontes. Toño Teijido e Paulo González sorprendían a todos compartindo o podium da categoría cun atleta da talla de Pedro Nimo. Toño entraba en 2ª posición da xeral e Paulo en 5ª, e ambos compartían o podium da categoría con todo un atleta olímpico.
Noraboa os nosos atletas que non deixan de sorprendernos cada día!