O pasado domingo tiña lugar en Santiago o campionato de Galicia de Trail no que tomaban a varios atletas do noso equipo. Gerardo Pérez lograba proclamarse Campión Galego en categoría M55 e entraba na 24ª posición na xeral, Ramón Villar lograba rematar entre os 10 primeiros clasificados en M45 e 48º da clasificación xeral. Tamén participaba Jose Manuel Corral que remataba 2º na categoría e 4º na clasificación xeral.
Noraboa a todos!