XXXVIII MEMORIAL GREGORIO PEREZ RIVERA

Bos resultados para o noso equipo no Memorial Gregorio Pérez que inagura o aire libre, os nosos atletas souberon correr a pesar de que as condicións climáticas non axudaban e demostraron estar a un excelente nivel a estas alturas da tempada.

O primeiro da tarde de sábado en saír a correr era Maxi Rodríguez, que lograba vencer na 7ª serie de 100 m.l. cun tempo de 11.95. Un pouco máis tarde comezaba a proba de altura masculina, turno para Alberto Blanco, sen apenas cometer erros chegaba a altura de 1.70m que non lograba sobrepasar pero que lle servía para ser  6º na proba. O mesmo tempo arrincaban as series de 1500 m.l., na segunda serie saían a correr Luis E. García, Ivan García, Jose M. Fernández e Ricardo Fernández. Luis E. lograba subir o segundo caixón do podium e Iván quedábase as portas entrando en 4ª posición, mentres que Jose M. e Ricardo non remataban a proba. Acompañados dunha intensa choiva saían os atletas de 5000 m.l. na primeira serie era turno para Leonardo e Alonso Liste. Leonardo lograba compartir podium absoluto con Manuel Hurtado e Nicolás Arrojo. Alonso Liste pola súa parte entraba en solitario en 8ª posición. Na segunda serie tomaban a saída Javier Toro e Miguel Fernández que corrían a primeira parte dos 5000 metros xuntos ata o corte final no que se impoñía Javier cun tempo de 17:18.35, 8 segundos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo que se estrenaba na modalidad.

No apartado femenino o equipo contou coa presencia de Mari Carmen na proba de 1500 m.l. que lograba impoñerse na categoría cun tempo de 6:20.84.

Para cerrar o campionato tiña lugar a proba de relevos 4×100 e na que o club participaba por primeira vez e con victoria, o equipo formado por Maxi Rodriguez, Ricardo Fernández, Luis Eduardo e Alberto Blanco lograba nunha impresionante carreira facerse co triunfo por diante de grandes equipos como A Gandara, ADAS Proinor, Franciscanos e Lucus.

Noraboa a todos!

RESULTADOS COMPLETOS

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑