III XORNADA CONTROL Deputacion de Lugo

Bos resultados para os nosos atletas o sábado na terceira Xornada control Deputación de Lugo.

A tarde comezaba ca proba de salto de altura na que Alberto Blanco fixo un concurso moi limpio logrando batir a súa mellor marca personal, sobrepasaba o listón sobre 1.68m e vencía a proba. Pouco máis tarde comezaba o salto con pértega onde se estrenaban nesta complicada modalidad Maxi Rodríguez e Lucía Seijas, na proba femenina Lucía lograba pasar os 2.00m e acadaba a segunda plaza, mentres que Maxi sorprendía cunha marca de 2.60 e empatando na primeira posición cun atleta adestrado por el.

Chegaba o momento das carreiras, na saída da primeira serie de 800 ml. Leonardo Rodriguez e Ricardo Fernández facían unha boa carreira acadando a 2ª e 3ª posición respectivamente e parando o crono en 1:59.24 e 2:00.82. Na segunda serie salían a pelear Iván García e Jose Manuel Fernández que paraban o crono en 2:10.82 e 2:14.81. Para finalizar a xornada Leonardo Rodriguez saía a correr os 3000 ml. na que lograba vencer cun impresionante tempo de 9:15.60.

Grazas a Antón Gómez polas fotografías.

Noraboa a todos polos resultados acadados!

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑