Nova xornada de control nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo, esta pasada tarde de Sábado a que acudiron varios atletas do noso equipo. A xornada estivo marcada polo forte vento o que impediu os nosos atletas lograr aínda mellores resultados dos obtidos.
Lucía Seijas inaguraba a tarde cunha marca de 14.07 no 100 ml. e logo melloraba o seu rexistro na proba de pértiga deixando o listón en 2.20.
No apartado masculino a tarde empezaba pola proba de 800 ml. na que se disputaron dúas series, na primeira Ricardo Fernández entraba 4º cun tempo de 2:00.79, Leonardo Rodríguez finalizaba 5º cun tempo de 2:02.03 e Luis Eduardo retirábase no paso dos 600 metros. Na segunda das series disputadas saían outros 3 atletas do equipo, o primeiro en cruzar a meta era Iván García cun tempo de 2:12.23 seguido de Javier Toro que paraba o crono en 2:19.34, Jose Manuel Fernández retirábase tamén no paso polos 600 metros. Na proba de 5000 metros saía Leonardo que apenas tiña tempo a recuperar do 800 e finalizaba 4º cun tempo de 16:38.05. Finalmente na proba de altura vencía Alberto Blanco cunha nova mellor marca esta tempada de 1.65.
Noraboa a todos!