Resultados Fin de semana (Pista)

O pasado venres tomaban acudían o XIV Trofero Riazor Coruña a correr os 800 ml. Luis Eduardo García e Iván García ambos lograban unha gran actuación cun tempo de 2:08.19 e 2:12.37 o que demostra o gran estado no que se atopan para afrontar esta importante parte da tempada.

Polo outro lado, o domingo, en Vigo na 5ª xornada Serie Municipal de atletismo en pista, participaban tamén na proba dos 800 ml. Ricardo Fernández que acababa 4º da primeira serie cun tempo de 2:00.44 e Jose Manuel Fernández que paraba o crono nun tempo de 2:12.70.

Noraboa a todos unha vez máis!

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑