CORRE CON NOS – PARQUE DE FRIGSA

Última carreira do circuito Corre con Nós e os nosos atletas quixeron deixar o listón ben alto. Unha proba crucial para subir ou asegurar os postos no circuito. Empezaremos cos brillantes resultados desta última carreira por parte dos nosos corredores.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
1 1 NICOLÁS ARROJO FERNÁNDEZ M-1 FM-1 00:17:13
5 1029 PAULO GONZALEZ PORTO M-5 IM-1 00:17:55
9 1040 ANTONIO TEIJIDO LOPEZ M-9 GM-1 00:18:21
22 1037 JOSE LUIS VALIÑA MENDEZ M-22 JM-4 00:18:57
29 1049 HUGO DE LA VEGA LOPEZ M-29 IM-8 00:19:17
31 1013 JAVIER TORO MONTERO M-31 MM-1 00:19:19
33 1043 SAUL VALCARCEL NOVO M-33 KM-4 00:19:24
45 1011 JOSE MARIA PÉREZ OTERO M-45 LM-2 00:19:59
49 1044 MARCOS ANTONIO PRADO FANDIÑO M-49 GM-6 00:20:12
70 1010 JOSE MANUEL FERNANDEZ SANGIAO M-70 LM-5 00:20:54
83 1024 GERARDO VAZQUEZ REDONDO M-82 JM-18 00:21:11
87 9 NOHEMI FREIJO DIAZ F-2 IF-1 00:21:15
90 1028 LUÍS FERNÁNDEZ VEIGA M-88 LM-8 00:21:20
106 1003 NOEMI MORAL NAVAZO F-3 IF-2 00:21:43
153 1042 MARÍA ELVA MENDEZ LOPEZ F-10 KF-2 00:22:30
160 1047 RAMÓN VILLAR RUIBAL M-148 KM-15 00:22:47
200 1009 ANA ABUÍN RODRÍGUEZ F-16 HF-1 00:23:32
263 1032 ANA MARIA VAZQUEZ EXPOSITO F-27 JF-6 00:24:40
268 3005 MIRIAM LÓPEZ VILA F-28 FF-3 00:24:42
290 1004 JUAN C. CAMPO JANEIRO M-261 MM-11 00:24:59
303 1007 PILAR DOMÍNGUEZ PEREIRA F-32 KF-6 00:25:09
343 1025 Mª DEL CARMEN FERREIRO DIAZ F-43 LF-2 00:25:58
547 1001 VENE LIZ GONZALEZ F-126 JF-27 00:33:32
548 997 VERNELA BENÍTEZ HIERRO F-127 HF-29 00:33:32

Con esta proba cerraba o Corre Con Nós 2015 e tiña lugar a entrega de premios para premiar os mellores atletas o longo deste ciruito de carreiras. Comezaremos pola categoría F femenina na que Lucía Seijas lograba unha 4ª posición e quedaba a piques de subir o podium. F masculino categoría estrela na que lograbamos dous podiums Nicolás Arrojo e Alonso Liste, ambos comparten entrenos e nesta ocasión tamén podium como 1º e 2º na categoría respectivamente. Pasamos a categoría G masculina na que Antonio Teijido lograba a 1ª posición como recompensa a unha brillante tempada. Na categoría H femenina Ana Abuín lograba subir o segundo caixón do podium. Categoría I femenina outra categoría estrela para o equipo na que as nosas atletas lograban outro doblete Noemi Moral e Nohemi Freijo tamén como 1ª e 2ª clasificadas respectivamente. Na complicada categoría I masculina Paulo González lograba unha 4ª plaza moi preto do podium tamén a pesar de lograr unha moi boa clasificación nesta última proba. En categoría J masculina victoria para Jose Manuel Corral. Categoría K femenina Pilar Domínguez finalizaba nunha 5ª posición moi preto do podium. Polo seu lado en categoría K masculina Saul Valcarcel remataba 2º. Categoría L femenina victoria para Teresa Corral. Na categoría L masculina Jose María Pérez subía o segundo escalón do podium e  Luís Fernández remataba en 6ª posición.

Na clasificación xeral masculina impoñíase unha vez máis “Nico” Arrojo, cerca do podium quedaban “Toño” Teijido 4º, J.M. Corral 5º ou Paulo González 11º. Na xeral femenina doblete para o equipo logrado por Noemi e Nohemi 1ª e 2ª respectivamente.

Grazas a todo o traballo de estes meses os nosos atletas lograban que o equipo rematara en 2ª posición por detrás de MONUMENTAL-MTC-LOURES e por diante de TOTAL SPORT.

Dende o equipo queremos dar as grazas a todos os nosos atletas por facer esto posible un ano máis, e imposible rodearse dun grupo mellor do que temos no VERXEL NUTRICIÓN DEPORTIVA.

Grazas a TODOS!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑