Paulo González e “Toño” Teijido espectaculares no Campionato de España e Galego de montaña

O pasado Domingo en Esgos tiña lugar o Campionato Galego e de España de montaña, a carreira constaba de 13 km de subida Rocas – O Eirado. Dous dos nosos atletas Paulo González e Antonio Teijido acabaron a proba con impresionantes resultados, Paulo foi 4º nun Campionato Galego de altísimo nivel e 17º na calsificación conxunta co Campionato de España, polo seu lado Antonio non rematou moi lonxe xa que era 8º Galego e 27º na clasificación conxunta.

Noraboa a esta parella de atletas que volve demostrar unha vez máis estar a un alto nivel competitivo.

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑