Meeting Ourense Termal

A pasada tarde de sábado tiña lugar en Ourense o Meeting Ourense Termal, un cita moi importante dentro do calendario que cita na pista os mellores atletas de Galicia. Nesta ocasión tivo, se cadra maior importancia xa que se batiu alí o record galego de 100ml. un dos máis antigos ata o momento.

O noso equipo acudíu a cita con tres atletas. Ricardo Fernández e Jose Manuel Fernández eran os primeiros en participar, tomando a saída na proba de 800 ml., na que os atletas sufriron moito debido as alta temperaturas, que sin duda condicionaron a proba. Ricardo cun tempo de 1:59.47 era 4º na primeira final a menos de medio segundo de entrar no podium. Jose Manuel pola súa parte era 3º na terceira final cun tempo de 2:09.35.  Maxi Rodríguez conseguía ser octavo e meterse na mellora, nunha proba de Triple Salto cun altísimo nivel, na que conseguía un novo mellor rexistro da tempada cunha marca de 11.95.

Noraboa os tres!

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑