Novamente grandes resultados dos nosos atletas na popular media maratón Palas-Melide.
Paulo González era 4º na xeral e 2º na categoría, Jose Manuel Corral tamén subia o podium na categoría na que remataba 3º. Angel Gacía entraba 22º na xeral cun tempo de 1:32.10. Gerardo Pérez entraba 5º na categoría cun tempo de 1:39.10 e pouco máis tarde entraba Toño Teijido cun tempo 1:40.59. Tamén tomaba a saída Luís Frnández que remataba na 8ª plaza na categoría.
En categoría femenina victoria para Maria Elva na súa categoría, seguida de Ana Abuín e Pilar Domínguez 8ª e 9ª nas súas respectivas categorías.
Noraboa a todos un fin de semana máis!