O pasado fin de semana tiña lugar en Vimianzo o Campionato Galego de 10km do que o noso equipo regresaba con 3 medallas. Mari Carmen Ferreiro e Javier Toro facíanse co ouro en F50 e M60 respectivamente, José Manuel polo seu lado regresaba cun bronce na categoría M50. Tamén acudiron a proba Anxo Carreira e Ricardo Fernández que remataban 4º e 6º en categoría Promesa.
Noraboa a todos!