Resultados fin de semana

Fin de semana cheo de éxitos para os nosos atletas. En Lugo tiña lugar unha nova edición das 3 horas Monumentales por relevos, na que Abraham, Juan Carlos e Marcos facían un excelente 3º posto na categoría masculina absoluta. Por outro lado Toño Teijido participaba nos 5K de Santa Comba na que era vencedor absoluto da proba. Tamén ben representados en Taboada na que Pilar Domínguez era 2ª na categoría, Jose Manuel Corral tamén finalizaba nunha excelente 2ª plaza na categoría e Gerardo Pérez era 5º moi preto das plazas de podium.

Noraboa a todos!

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑