Un ano máis os nosos atletas rendiron o máximo nivel neste campionato. As mulleres non lograban puntuar como equipo por mor do abandono de Sandra que aínda con molestías tentou saír acabar a proba, si remataban individualmente Sonia, Ana e Ana Maria en excelentes posicións, noraboa a todas!
Por outro lado os chicos si puntuaban como equipo e lograban colocarse entre os 10 primeiros de Galicia un ano máis ademáis de ser segundos da provincia moi preto do Lugo Running. Noraboa a todos Leonardo, Luis Eduardo, Jose Bernardo Ginzo, Iván, Gerardo, Jose Manuel e Ricardo. Mención especial para Toño Teijido que sufríu unha caída da que saíu mal parado e aínda así rematou a proba entre os 30 primeiros.