Novamente os nosos atletas firmaban unha excelente actuación no Campionato Galego de Cross Largo, e lograban unha 8ª posición por equipos a tan só un punto da 7ª plaza.
Individualmente Leonardo lograba a 15ª plaza e era o primeiro do equipo en cruzar a meta, seguido de Toño Teijido na 40ª posición, moi preto deste chegaba tamén Pelayo na 44ª plaza. Jose Ginzo era 62º e finalmente Jose Manuel entraba no posto 151º.
Noraboa a todos polos excelentes resultados acadados unha vez máis!