I Xornada en pista – Copa Deputacion

O pasado sábado tiña lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera a primeira xornada en pista Copa Deputación.

Na proba de 400 m.l. Ricardo Fernández era 3º cun tempo de 53.12 e Jose Manuel Fernández era 6º cun tempo de 1:01.04. Na proba de 800 metros lisos Luis Eduardo era 4º cun tempo de 2:08.60 e demostraba estar nun excelente estado de forma para encarar o campionato de España de Veteranos que terá lugar a próxima semana en Antequera. Finalmente na proba de 3000 m.l. que contaba cun altísimo nivel Leonardo José entraba 7º cun tempo de 9:15.43 e Toño Teijido que se estrenaba na pista remataba 9º cun tempo de 9:36.05.

Noraboa a todos!

RESULTADOS COMPLETOS

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑