O pasado Domingo tiña lugar o Campionato Galego de Montaña en Esgos, no que 3 atletas do equipo lograban unha excelente actuación. Jose Manuel Corral era 5º na clasificación absoluta e 3º na categoría M40, Angel García lograba entrar entre os 20 primeiros nunha excelente carreira e Ramón Villar era 31º na xeral e 3º en categoría M50.
