Riveira 21- Campionato de Galicia de Media Maratón

Excelentes resultados hoxe no CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATÓN, na que participaban un total de 12 atletas e na que se lograban 3 Podiums en campionato Galego. Mónica Granero que era 3ª absoluta, Elva Mémdez terceira en categoría F45 e Noemi Carro campiona Galega de Media Maratón Junior.

O primeiro do equipo en cruzar a liña de meta era Anxo Carreira que era 14º na caegoría e 49º na xeral, seguido de Mónica Granero que era 3ª femenina xeral e 3ª en categoría F35. Gerardo Pérez Lenza era 7º en categoría M55, Javier Abuin Penas era 23º na categoría Senior, Ramón Villar Ruibal tampouco faltaba na proba e era 8º en categoría M50, seguidamente entraba Manel Redondo que era 27º en categoría Senior. Ana Abuin era 11ª na xeral femenina e 7ª en categoría. Jose Manuel Fernández (PRESI) era 9º na categoríaM55, seguido de Elva Méndez 3ª en F45 e 17ª na xeral femenina, Noemi Carro pola súa parte era 1ª na categoría, e 27ª na xeral absoluta seguida de Pilar Domínguez 7ª na categoría e 29ª na xeral femenina. Finalmente Vicente Sanmartín finalizaba a carreira na posición 38º na categoría M40.

Noraboa a todos atletas!

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Blog en WordPress.com.

Up ↑