Resultados e Fotos do III TROFEO VERXEL DE NADAL

Un ano máis o equipo organizaba o que xa se está a convertir nun clásico no calendario atlético Galego por estas datas, o III Trofeo Verxel de Nadal. O campionato contou con máis de 200 atletas e adestradores, destacamos as actuación entre outros de J.M.Okutu no salto de lonzitude, Javier Cancela nos 60 m.l. e o portugués Marcos Maio no salto de altura. No apartado femenino excelente actuación de Paula Iglesias do Riazor Coruña nas probas de 60 m.l. e lonxitude e de  Uxía Pereira da Atlética Lucense nos 60 metros valados.

Foron tamén varios os atletas do equipo que participaron nas diferentes probas, Alberto Blanco que ganaba a final B de lonxitude, Karola Bohme nos 60 m.l. e Abraham Torre que debutaba no salto de altura.

Dende o equipo VERXEL NUTRICIÓN DEPORTIVA queremos aproveitar para agradecer un ano máis a todos os atletas por vir a participar, eles son a alma da competición, os voluntarios que cada ano están con nos traballando para que esto sexa posible, os xuíces da FGA, a todos os patrocinadores da proba e especialmente a Delegación de Atletismo de Lugo polo excelente traballo realizado.

GRACIÑAS A TODOS!

(RESULTADOS COMPLETOS)

image002

FOTOS: Samanta Seijas

 

 

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑