I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

Excelentes resultados dos nosos atletas na primeira carreira popular de Castro de Rei. O primeiro do equipo en cruzar a liña de meta era Jose Manuel Corral que era 1º en categoría e 3º na clasificación xeral, poucos segundos detrás entraba Jose Luis Valiña que era 1º na categoría e 5º na xeral, na posición 23º da xeral entraba Abraham Torre, 28º era Javier Abuin, 30º era Saul Valcarcel, 36º entraba Manel Redondo, 38º Gerardo Pérez que era 2º en categoría, 42º era Luis Fernández que era 3º en categoría, 47º Manuel Vázquez. A primeira femina do equipo era Marta Valín que lograba a segunda posición na xeral femenina, mentres que Karola Böhme era 3º na xeral e 1º en categoría. Oscar Castedo entraba na posición 95º, Antonio Torre remataba 140º e finalmente Jose María Viana era 147º.

 

Noraboa a todos polos resultados acadados!

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑