O pasado Domingo podemos disfrutar en Lugo do segundo Cross Ponte Romana, o primeiro incluído dentro do calendario ANOC, o que esta considerado como o mellor circuito de cross do mundo. Alí estuvo Verxel Nutrición Deportiva con representación en varias categorías.
En primeiro lugar salían os MASTER MASCULINOS na que Jose Manuel Corral lograba subir o podium facendo unha 3ª plaza, seguido de Jose Barreiro que remataba 4º e Jose Luis Valiña que era 5º, pouco máis tarde cruzaba a liña de meta Francisco Martinez 10º, Luis López 16ºe Saul Valcarcel 18º.
Na carreira sub-12 femenina, Mireia Vázquez era 9ª e Carolina García era 19ª.
Tamén tiñamos representación na categoría ABSOLUTA FEMENINA na que Karola Böhme era 7ª clasificada.
O groso do equipo tomaba a saída POPULAR MIXTA na que o noso compañeiro Javier Neira resultaba vencedor nun apretado final na recta de meta, detrás del entraban Victor Bello 10º, José María Pérez 13º, Luís Fernández Veiga 27º, Oscar Castedo 32º e José María Viana 59º.
Finalmente chegaba a carreira ABSOLUTA MASCULINA na que Toño Teijido era o primeiro en cruzar a liña de meta en 5ª posición, Breo Gigirey era 8º xusto por diante de Óscar Lugrís que era 9º e finalmente Javier Abuín que entraba na 21ª plaza.
Desde o equipo queremos dar a noraboa a organización polo seu excelente labor e por traer un evento de estas características a nosa cidade, esperamos poder repetir o próximo ano.
Noraboa a todos atletas!
FOTOS: CHAMPIONCHIPNORTE