II Xornada Copa Deputacion de Lugo AL

Este sábado celebrábase a II Xornada Copa Deputación de Lugo na que tomaban a saída numerosos atletas do noso equipo, desde os más cativos da escola os atletas absolutos do equipo.

En primer lugar a proba de 500 m.l. benxamín na que Pablo Pérez era 17º na súa primeira carreira. A continuación era o turno dos infantiles do equipo, Adrián Zas na Final A remataba na 14 posición e na Final B Jesús Veiga era 3º, Xoán Hervés remataba 5º e Oscar Pérez era 13º. No apartado femenino Carolina García era 8ª en categoría alevin mentres que Noelia Rey finalizaba 6ª.

Na proba de 1000 metros vencía Luis Eduardo García e en segundo lugar entraba Iván García, ambos demostraron estar a moi bon nivel a estas alturas de tempada.

Na proba de 1500 metros lisos David Miguez remataba 4º cunha excelente marca de 4:26.91, pouco detrás entraba Javier Toro que demostrou tamén estar a un excelente nivel para afrontar as importantes citas que o esperan esta tempada.

Finalmente tiñan lugar o concurso de lonxitud no que novamente os atletas da escola do equipo firmaban unha excelente actuación. En categoría alevin femenino Carolina García era 17º, en infantil femenino Noelia Rey remataba tamén en 17º posición. En infantil masculino Final A Jesus Veiga era 18º e Adrián Zas 21º, na Final B Xoán Hervés era 19º e Oscar Pérez remataba 21º.

Noraboa a todos!

 

 

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑