O pasado Domingo 25 de Febreiro o equipo participaba no Campionato de España de Campo a Través por Clubes, na proba de cross corto tanto masculina como femenina. Os nosos atletas lograban unha excelente actuación na que foi a primeira participación nun Campionato Nacional por equipos.
No apartado masculino a clasificación do equipo lideraba Amadeo Abal na posición 89º, seguido de Toño Teijido 144º, Javier Neira 198º, Jacobo Gesto 201º, Breogan Gigirey 230º e Jose Manuel Fernández 276º. Rematando así nunha excelente 37ª plaza por equipos.
No apartado femenino o equipo remataba na 34ª plaza, liderado por Marta Valín que remataba 107º, seguida de Ana Abuin 126º, Mª Elva Mendez 139º, Karola Boheme 160º e Pilar Domínguez 185º.
Noraboa a todos polos resultados acadados, o igual do resto dos compañeiros que fixeron esto posible e non puideron acudir a esta proba.