European Masters Athletics Championships Indoor (Madrid 2018 )

Varios dos nosos atletas competiron ca selección española o pasado Europeo de Pista Cuberta celebrado en Madrid.

Gustavo Platas era o primeiro en participar e lograba subir o tercer caixón do podium na proba de 3000 m.l. cun tempo de 8:39.01. Iván García era 6º na súa eliminatoria cun tempo de 2:09.81 no proba dos 800 metros lisos. Luis Eduardo García que tomaba a saída na proba de 1500 m.l. finalizaba 8º da súa serie cun tempo de 4:31.62.

En categoría M55 Jose Manuel Fernández lograba o pase a semifinais por tempo sendo 3º da súa serie a só 2 centésimas da clasificación por postos, en semifinais era 6º cun tempo de 2:18.13 e non conseguía o pase a final.

En categoría M60 Javier Toro lograba tamén subir o podium logo de quedar 2º na serie más rapida do 1500 m.l., o que o convertía e subcampión de Europa na proba.

 

Noraboa atletas!

 

 

 

 

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑