Campionato Provincial Lugo 2017/2018 – Xogade – Atletismo Pista

Gran actuación dos máis pequenos do equipo no Campionato Provincial de Atletismo en Pista Xogade. Atletas, pais e adestradores disfrutaron dunha excelente xornada atlética na que o bo tempo acompañou todo o día.

Para comezar en categoría benxamín Pablo Pérez era 5º na proba de Triathlon 154 puntos grazas a excelente actuación na proba de peso.

En alevín femenino tamén na proba de Triathlon Carolina García remataba en 5ª posición destacando a súa actuación en 60 metros lisos e peso. En alevín masculino novamente na proba de Triathlon Rodrigo Busto era 6º, realizando unha moi boa actuación na proba de peso.

Pasamos ahora a categoría infantil masculino na que Oscar Pérez era 6º na proba de martillo e Alejandro Busto lograba proclamarse campión provincial na proba de Tetrathlón grazas a consistencia que mostrou en todas as probas o largo da mañá. En infantil femenino Noelia Rey era 8ª na proba de Martillo logrando meterse na mellora, repetía resultado na proba de peso e lograba proclamarse subcampiona provincial na proba de 1000 metros lisos grazas a unha excelente carreira nos metros finales.

Noraboa a todos pola excelente actuación realizada! Moi orgullosos da nosa canteira nesta primeira temporada de vida.

 

 

 

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑