II Xornada Copa Deputacion de Lugo

O sábado pola mañá tiña lugar en Lugo unha nova xornada da Copa Deputación na que vari@s atletas do equipo tomaban parte.

En primeiro lugar, en categoría alevín, na proba de 500 m.l. Carolina García facía unha excelente carreira e vencía na Final C facendo o segundo mellor tempo da xornada na súa categoría.

Pouco máis tarde tiña lugar a proba absoluta de 800 m.l. na que o equipo contaba con ampla representación. Na final A Luis Eduardo García era 6º (2:13.44), Jose Manuel Fernández 7º (2:16.64) e Jose Manuel Corral 9º (2:18.70). Na final B Javier Toro 6º (2:25.63) e Manuel Vázquez 7º (2:28.01). Finalmente na final C Abraham Torre era 4º (2:16.94).

Noraboa a tod@s que demostraron estar nun excelente estado de forma para arrincar esta nova tempada!

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑