A pasada mañá de Domingo tiña lugar en Fene o Campionato Galego de Campo a Través para veteranos onde os nosos atletas lograban grandes resultados tanto a nivel individual como por equipos.
Por equipos victoria en categoría femenina, 2º posto para os +60, 3º posto en categoría M45/55 e 7º plaza para M35/40.
A nivel individual victoria para Mónica Granero en W35 seguida de Ana Abuín, 2ª plaza en W40 para Marta Valín e 6ª posición para Karina Pasarín, 5ª plaza en W50 para Pilar Domínguez, 5ª tamén en W55 para Mari Carmen Ferreiro, e victoria e W60 para Mari Carmen Novo.
No apartado masculino 14º posición para Victoriano Sánchez e 26ª para Abraham Torre en M35. En categoría M40 12ª posición para Oscar Lugrís, 26º para Francisco José Martínez, 30º para Luís López e 35º para Vicente Sanmartín. Pasamos ahora a M45 onde Jose Manuel Corral quedábase a piques de subir o podium cunha 4ª plaza, e Manuel Vázquez entraba na posición 17º. En categoría M50 tamén Gerardo Raposo moi preto do podium cunha 5ª posición, 14º para Saul Valcarcel e 22º para Javier Ángel Vázquez. 7ª posición para Jose Manuel Fernández en M55. En M60 victoria para Javier Toro e 11º para Antonio Torre. Finalmente 3ª posición e podium para Emilio Gonta en categoría M70.
Noraboa a todos os atletas pola excelente actuación realizada.