Terminada a primeira fase das probas preparatorias en pista aire libre para a nosa canteira.
O pasado Domingo 31 de Marzo tiña lugar a fase para as categorías benxamín e alevín. Comezamos pola categoría benxamín onde Pablo Pérez era 5º na súa final de 50ml cun tempo de 10.29 e conseguía facerse coa 17ª posición en lonxitude cun salto de 2 metros. Pasamos a categoría alevín onde Carolina García e Mireia Vázquez participaban na proba de pelota logrando a 13ª e 15ª posición respectivamente. Un pouco máis tarde tomaban a saída nas carreiras onde Carolina García era 5ª na final de 500ml. cun tempo de 1:51.87 e Mireia Vázquez era 2ª na final de 1000ml. cun tempo de 3:36.92.
Pasamos a proba celebrada onte, preparatoria para categorías infantil e cadete. En primeiro lugar Noelia Rey disputaba a proba de peso onde era 6ª cun lanzamento de 6.11 metros. Pouco máis tarde era o turno para os atletas infantil masculino onde Adrián Zas era 13º cun lanzamento de 5.44 metros e Oscar Pérez era 16º cun lanzamento de 4.98 metros. A seguinte proba era a lonxitude infantil femenino onde Noelia Rey era 6ª cun salto de 3.44 metros. A continuación na proba de 80ml Oscar facía unha excelente carreira para rematar 6º cun tempo de 14.42 e Adrián remataba 5º na súa final cun tempo de 15.79. Según acabaron a proba de 80 metros lisos os nosos infantiles masculino pasaban a proba de xavalina onde Adrián remataba 16º cun lanzamento de 11.93 metros e Oscar 18º cun lanzamento de 10.76 metros. Finalmente tiña lugar os 500 metros lisos femeninos, onde Noelia era 6ª na final cun tempo de 1:38,20.
Noraboa a tod@s @s atletas que firmaron unha excelente actuación.