XOGADE Campionato Provincial Escola Atletismo en pista

O pasado Domingo tiña lugar en Lugo no Estadio Gregorio Pérez Rivera o Campionato Provincial Escoar de Atletimo en Pista onde a nosa canteira lograba unha excelente actuación.

Empezamos pola categoría de menor idade, benxamín, onde Pablo Pérez lograba mellorar a súa marca en altura quedándose nos 0.90m moi preto de pasar o 0.95m.

Pasamos ahora a categoría alevín onde Carolina García lograba tamén mellorar a súa marca en 60m.l. e correr por debaixo dos 10 segundos en semifinais, quedándose as portas de pasar a final. Na proba de 500m.l. na que tamén estaba clasificada lograba unha excelente 10ª posición. Pola súa parte Mireia Vázquez lograba a victoria nos 1000 m.l. cun tempo de 3:30.33.

Seguimos ca categoría infantil onde Noelia Rey era segunda clasificada na proba de Martelo, mellorando a súa marca ata os 24.26 metros, lograba tamén o podium na proba de xavalina, era 3ª mellorando tamén a súa marca e lanzando 15.62 metros. Finalmente tomaba a saída nos 500m.l. onde era 12º cun tempo de 1:39.88.

Seguimos en infantil era o turno para a categoría masculina onde Xoán Hervés lograba o podium na proba de martelo, cunha mellor marca de 23.04 ca que subía o tercer caixón do podium. Un pouco máis tarde tiña lugar a proba de altura na que era 7º cun mellor salto de 1.23 metros. Finalmente Alejandro Busto lograba a medalla de bronce nos 220m.v., e quedábase moi preto do podium nas probas de altura e peso nas que foi 4º clasificado.

Noraboa a tod@s os rapaces que desfrutaron dunha excelente xornada atlética en equipo!

 

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑