O pasado sábado tiña lugar en Ortegal, nos concellos de Ortigueira e Cariño o Campionato de España de Veteranos e Gallego absoluto de media maratón. Como é habitual o noso equipo tiña representación e case todas as categorías.
Por equipos no campionato galego as mulleres eran vencedoras da proba, e os homes lograban unha 8ª plaza.
A primeira en cruzar a liña de meta era Mónica Granero, cun tempo de 1:25.20 e remataba 1ª en categoría M35 nacional e primeira no galego absoluto. O seguinte en cruzar a liña de meta era Abraham Torre cun tempo de 1:29.55 15º en categoría nacional e 13º en categoría no galego. Pouco despois remataba a proba Ricardo Fernández cun tempo de 1:30.40 e 11º en categoría no campionato galego. A seguinte en cruzar a liña de meta era Ana Abuin que era a 7ª clasificada absoluta no gallego e a 5ª en categoría, moi preto de ela entraban Jose Manuel Fernández e Manuel Vázquez ambos cun tempo de 1:33.12. O próximo en cruzar a liña de meta era Luis Fernández que era 22º en categoría na proba popular. A seguinte atleta do equipo era Karina Pasarin 12ª no galego absoluto e 2ª en categoría, e un pouco máis atrás chegaba Javier Ángel Vázquez 14º en categoría no nacional. Ramón Villar cruzaba a meta cun tempo de 1:40.41 e era 15º en categoría no nacional. Finalmente entraba Antonio Torre cun tempo de 2:01.03 e remataba 8º en categoría no galego.
Noraboa a tod@s!