CIRCUITO CORRE CON NÓS

Un ano máis remata o circuito de carreiras populares Corre Con Nós e un ano máis o VERXEL MIXTO era campión do circuito grazas a todos @s nos@s atletas, e en categoría absoluta Ana Abuin era 2ª clasificada e Carla Trillo 3ª. No caso dos homes tamén lograba o podium absoluto Jose Manuel Corral rematando o circuito en 3ª posición.

En categorías tamén subían o podium moit@s d@s nos@s atletas. Carla Trillo 1ª Senior e Ana Abuín 1ª veterana +35 no caso das mulleres. No apartado masculino Víctor López 3º senior, José Manuel Corral 1º veteranos +45, Saul Valcarcel 1º veteranos +50 e Gerardo Pérez 1º veteranos +55.

Noraboa a todos pola excelente temporada realizada estes meses!

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑